MEIS> O concello de Meis mobilizarase pola Variante Espiritual para reclamara á Xunta unha sanidade digna. Dende a vila sinalan que nas última datas houbo momentos nos que quedaron se facultativos médicos. Recollerán firmas durante un mes para logo entregalas a través do camiño en Santiago.
A situación sanitaria no concello de Meis está baixo mínimos. Dende o goberno local sinalan que as baixas e as vacacións deixaron ao municipio sen facultativos médicos durante unhas horas ao longo dos últimos días. A situación preocupa ao equipo de Marta de Giráldez.
O concello mandou un requirimento á xunta debido a situación que están atravesando. A resposta molestou ao goberno local.
Tras esta comunicación, o concello de Meis deixará de lado as mobilizacións silenciosas e comezarán a manifestarse con máis fora para reclamar unha sanidade digna.
As firmas rematarán de recollerse o venres 3 de setembro. Ese día comezarase unha mobilización para entregalas en Santiago a través da Variante Espiritual.
O concello pedirá que os reciba o conselleiro, de non ser así entregarán as firmas e manifestaranse diante da consellería. Ademais, o goberno local tamén reclama á consellería que atenda as súas peticións para comezar a traballar no novo centro de saúde da vila.