O saxofonista francés Arnaud Desprez, cabeza de cartel do Festival de Jazz da Armenteira

MEIS> O saxofonista francés Arnaud Desprez é un dos pratos fortes da edición deste ano do Festival de Jazz da Armenteira, no Concello de Meis.

Vaise celebrar entre o venres día 12 e o domingo 14.

Ademais deste artista francés, pola Armenteira pasarán outros moitos ao longo dos tres días de festival.

Entre as propostas deste ano: Diego Nogueira Trío, Tornado Jazz Ensemble, Sizixia Quartet e Brass Atlantic.

Dende a organización salietan o esforzo que hai detrás para darlle forma a un cartel como este, no que ademais as catro provincias galegas están representadas.

Esta mañá tivo lugar a presentación da edición deste ano. A alcaldesa meisina, Marta Giráldez, aproveitou para reiterar o apoio do concello a esta iniciativa. Lembrou que contan cun apoio económico por parte da administración local de 3.000 euros.