MEIS> O concello de Meis recupera a celebración da súa festa gastronómica Meus Viños. A vila regresa tras unha primeira edición de éxito e posteriormente verse paralizada pola pandemia. A festa terá lugar do 21 ao 23 de outubro e nela participarán 13 adegas.
O concello de Meis celebrou no 2019 por primeira vez a súa festa gastronómica Meus Viños. A celebración foi un éxito pero a pandemia impediu que se repetise, aínda que o ano pasado algunhas adegas si fixeron unha celebración nun formato reducido. A volta a normalidade permite que Meis volva celebrar a festa Meus viños para poñer en valor a importancia do sector no concello.
A diferencia da primeira edición a festa este ano terá un día máis, do 21 ao 23 do outubro, e contará con 13 adegas. Ademais das casetas das adegas, haberá música e diferentes actividades, algunhas continúan como o showcooking e a cata amateur e aparecen outras novas como un túnel do viño internacional.
Na primeira edición contabilizáronse máis de 1100 cataviños vendidos, unha cifra que este ano a organización agarda superar. Para as adegas, esta festa é unha oportunidade para promocionar e vender os seus viños.
Na festa do viño tampouco faltará a comida. A celebración contará con 3 postos de alimentos: un de polvo, outro de tapas e un terceiro de xamón e queixo.