O CIM do Salnés recibirá unha subvención de 82 mil euros ao acadar a mellor puntuación da Xunta

CAMBADOS> O CIM do Salnés acada a máxima puntuación das entidades locais galegas que promocionan a igualdade. Deste xeito, o centro comarcal de información á muller recibirá 82 mil euros, a contía máis grande das subvencións da Secretaría Xeral para a igualdade. Esta puntuación é posible grazas ao traballo de asesoramento xurídico e psicolóxico que o CIM realiza nos concellos de Cambados, Meis, Ribadumia, Meaño e Vilanova.

O gran traballo que fan dende o CIM do Salnés é recoñecido pola Secretaria Xeral para a igualdade, que situou ao centro comarcal no posto máis alto para optar ás súas subvencións. Esta puntuación é grazas ás numerosas profesionais coas que conta o CIM, xa sexan psicólogas, asesoras, orientadoras ou axentes de dinamización. Os criterios que puntúa a Secretaría baséanse en dous puntos: comúns e específicos.

As axentes de dinamización foron unha das claves da puntuación da Secretaría, xa que grazas a elas, as mulleres reciben a axuda para reincorporarse ao mundo laboral.

Outro dos puntos fortes é que o CIM funciona como rede, chegando a todos os concellos e permitindo que as mulleres poidan asistir aos centros doutros municipios.

Son moitas as actividades realizadas polo CIM para axudar as mulleres e concienciar a poboación.

Por todos estes motivos, a Secretaría Xeral para a igualdade situou ao CIM no primeiro posto, destinándolle unha subvención de 82 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí