Máis de 260 alumnos do CPI Mosteiro forman unha cadea humana para conmemorar os 20 anos do Prestige

MEIS> O escolares do CEIP de Mosteiro fan unha cadea de 243 metros como homenaxe aos 20 anos do desastre do Prestige. A actividade forma parte do proxecto do centro para que os escolares coñezan a historia do desastre medio ambiental que sufriron as costas galegas e conciencialos na necesidade de mudar o sistema enerxético. Na cadea humana participaron máis de 260 mozos e mozas xunto cos mestres e os membros do concello.

Con motivo do 20 aniversario do desastre do Prestige nas Costas galegas, o CEIP de Mosteiro realizou unha campaña durante o primeiro trimestre para que os máis pequenos coñecesen o acontecido e á súa vez homenaxear aos voluntarios que loitaron contra o chapapote. Por motivo do tempo, unha actividade tivo que aprazarse para este luns. Unha cadea humana composta por toda a comunidade educativa do centro, na que tamén participaron membros do goberno local.

Foron moitas as actividades que realizaron dende o colexio para conmemorar os 20 anos do desastre medio ambiental. Antes da cadea humana, os escolares gozaron coa visualización do documental 20 anos de dignidade. Pero durante o primeiro trimestre tamén realizaron outras actividades de documentación, charlas e exposicións.

O obxectivo da actividade é que os máis pequenos coñezan a historia das nosas costas e teñan conciencia da importancia de mudar o sistema enerxético.

A pesar de que os mozos e mozas aínda non naceran cando aconteceu, a súa implicación foi moi grande.

As accións fora do centro rematan coa cadea humana, pero as tarefas de documentación e concienciación continuarán nas aulas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí