Sensación de Vivir

 

TVSB CANAL RIAS BAIXAS emite dende este outono unha das series xuvenís máis influintes da década dos 90: ‘SENSACIÓN DE VIVIR’. De luns a venres a partir das 18.15 hs os nosos telespectadores poden desfrutar dunhas das mellores series para adolescentes que deu a televisión estadounidense na década dos 90 e que foi emitida en países de medio mundo.

Así é "Sensación de Vivir"

Sensación de Vivir (Beverly Hills 90210), producida pola canle americana FOX, estreouse o 4 de outubro de 1990 e acadou unha grande popularidade debido á súa maneira innovadora de tratar os problemas cotiás dos adolescentes. A serie comeza cando os xemelgos Brandon e Brenda Walsh se trasladan cos pais desde a tranquila Minnesota ata o moderno rueiro de Beverly Hills, no que coñecerán a uns novos amigos moi especiais. Brandon pronto se fará moi amigo de Steve e Andrea, mientras que Brenda se fará moi amiga da inestable Kelly e da mimela Donna, e comezará un romance co rebelde Dylan. 

O grupo completarase con David, o medio irmán de Kelly. Ó comezo, a serie concentrouse nos dramas dos dous irmáns, pero logo enriqueceu o libreto creando historias paralelas que lle deron máis peso a outros personaxes. Así, a medida que sedesenvolve a serie, imos coñecendo un pouco máis sobre a vida dos seus novos amigos: Kelly, Steve, Dylan, Andrea, David e Donna. Co tempo algúns destes personaxes din adeus e incorpóranse outros á serie: Valerie, Claire, Ray, Carly e Noah. A adaptación dos Walsh acontece no medio de temas polémicos que xorden das situacións do día a día na escola West Beverly, como sexo, drogas e alcohol. Viviremos cos integrantes do grupo, dos que só Kelly, David, Dona e Steve aguantaron na serie ata o fin, o alcance da felicidade e os seus obxetivos nuns capítulos cheos de nostalxia e emoción.

En definitiva, Beverly Hills 90210: Sensación de Vivir foi un exitoso culebrón de prime-time, que fixo posible a chegada doutras series xuvenís anos despois.