Ramiro Oubiña será o candidato do BNG da Pobra ás municipais

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/13/presentacioncandidatobngpobra1301151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/13/presentacioncandidatobngpobra130115.mp4{/flowplayer} POBRA> Ramiro Oubiña será o candidato do BNG da Pobra para as vindeiras eleccións municipais. Así o decidiu a asemblea local en colaboración coa militancia. Oubiña leva décadas militando no partido nacionalista e trala súa xubilación intensificou o seu papel en primeira liña política asumindo, dende hai varios anos, o cargo de responsable local. Ramiro Oubiña encabezará a lista coa que concorrerá o partido nacionalista ós vindeiros comicios do 24 de maio. A elección de Oubiña comezouse a xestar en setembro do ano pasado cando se abriu un ciclo de asembleas abertas para que a militancia participase na elección do candidato. A súa antecesora no cargo, actual deputada no Congreso, Rosana Pérez, foi a encargada de darlle o relevo augurándolle un gran éxito nesta nova andaina na que o BNG eríxese como única alternativa de goberno no concello. Trala súa designación, Ramiro Oubiña traballa xa na elaboración dun programa electoral serio, rigoroso e enfocado cara as necesidades da cidadanía. Aínda que de momento non desvelaron os nomes que integrarán a candidatura encabezada por Oubiña, os nacionalistas insistiron en que será unha lista paritaria en canto á xénero que incorporará novas fichaxes aínda que manterá nomes que conformaron o equipo liderado no pasado por Rosana Pérez.