Ferida leve a condutora dun vehículo que acabou volcado na autovía do Barbanza

POBRA> Esta mesma tarde, ó redor das tres e media, rexistrábase un accidente na autovía do Barbanza, ó seu paso localidade, a escasos quilómetros da saída norte, en dirección Ribeira. Por causas descoñecidas un turismo saíuse da vía, colidindo contra a mediana, e posteriormente acabou volcado enriba dun dos carrís da propia autovía. A condutora, e única ocupante do vehículo, resultou ferida de carácter leve. A consecuencia do accidente, víronse tamén involucrados dous turismos máis e un camión que circulaban nese momento pola vía, que ó intentar esquivar ó vehículo volcado, colidiron entre si, pero sen demasiada consideración. Ata o lugar do accidente desprazáronse varios equipos de emerxencias, Policía Local e Protección Civil da Pobra, efectivos dos parques de bombeiros de Ribeira e Boiro, Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia medicalizada do 061, que foi a que trasladou á condutora ferida ó hospital da Barbanza.