POBRA> Unha das actividades máis destacadas foi unha ruta guiada polos escenarios vinculados ao autor das Sonatas monotorizada polo propio director do Museo, Antonio González Millán.
As Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán encaran esta semana a súa recta final. Unha das actividades que levantou maior expectación foi o itinerario guiado baixo o título ‘A Pobra do Caramiñal: Ruta biográfica e literaria de Valle-Inclán’. Nela tomaron parte unha vintena de persoas atraídos pola figura deste xenio das letras hispánicas.
A ruta monotorizada polo director do Museo, Antonio González Millán, iniciábase na sede do Museo, na Torre Bermúdez, para posteriormente percorrer diferentes espazos intimamente vinculados ao autor do ‘esperpento’. A actividade complementábase con outro roteiro celebrado semana atrás en Santiago.
Durante a xornada de hoxe, e tamén mañá, desenvolvéronse tamén no Teatro Elma catro sesións escénicas para escolares da obra ‘A marquesa Rosalinda’. O venres terá lugar tamén no auditorio do Museo a presentación ao público e dous manuscritos literarios de Valle, escritos de puño e letra, con correccións e anotacións do propio autor.
O sábado as Xornadas chegarán ao seu remate coa ofrenda cívica á unha da tarde na Praza do Cantón da Leña e posteriormente, ás nove, coa homenaxe popular ao autor de ‘Luces de bohemia’ no Teatro Elma.