![]()
PONTEVEDRA > Ferpalia, o Salón do Turismo de Galicia, supera xa as expectativas na XIV edición.
A décimo cuarta edición de Ferpalia é unha das mais concorridas, tanto na área de exposición, como na zona de BOLCOTUR. A Bolsa de Contratación Turística é, un ano mais, punto de encontro de toda a oferta e demanda do turismo en Galicia.
O recinto feiral da Xunqueira acolle a XIV edición de Ferpalia, un salón específico dedicado ó turismo. Na área de exposición, este ano Ferpalia céntrase nos conxuntos histórico- artísticos mais relevantes da comunidade: Poio, Noia, Allariz, Baiona, Muros ou Noia están aquí representados.
Un dos conxuntos máis significativos e que esperta máis curiosidade entre os visitantes é o do concello de Cambados, que tamén promociona os seus excelentes caldos.
A área de exposición de Ferpalia complementa á BOLCOTUR, a Bolsa de Contratación Turística, cita obrigada para os empresarios relacionados co sector turístico. Segundo os organizadores, en BOLCOTUR contrataráse o 75% dos paquetes turísticos galegos para o próximo ano, polo que a bolsa de contratación xerará un volume de negocio superior ós 41 millóns de euros.
Paralelamente ó certame, Ferpalia organiza varias actividades. Unha delas é o concurso de fotografía turística memorial Rafael Vázquez, ó que concorren nesta edición un total de 88 pezas, todas elas expostas no recinto. Tamén hai un concurso de páxinas web de contido turístico e diferentes mesas redondas sobre o sector turístico mundial.
Redacción Salnés









