Comisados máis de mil quilos de sardiña ilegal en Portosín

PORTO DO SON> Incautados máis de mil trescentos quilos de sardiña ilegal en Portosín. Un cerqueiro con base na localidade descargou máis de dúas toneladas cando o cupo diario está establecido en mil quilos. O peixe comisado foi doado ó Banco de Alimentos de Santiago.

O operativo conxunto desenvolvido entre o Servizo Marítimo Provincial e o Seprona no porto de Portosín saldouse co comiso de mil trescentos oitenta e catro quilos de sardiña descargados de xeito ilegal.

Os inspectores presenciaron como un cerqueiro con base no porto da localidade procedeu á descarga de duascentas caixas de sardiña que contiñan máis de dous mil quilos de peixe, cando o cupo diario establecido non pode exceder os mil. Cando procederon á inspección, na sala de subhastas tan só se atopaba a cantidade permitida mentres que o resto do peixe fora introducido directamente, sen etiquetar e sen garantías de trazabilidade, nun almacén dunha empresa. Ó ser requirido para presentar a documentación, o xerente aportou etiquetas con datos doutros pesqueiros.

Os axentes procederon entón á incatutación do pexoe que foi destinado ó Banco de Alimentos de Santiago de Compostela. A grada Civil xa remitiu varias denuncias á Xefatura Territorial da Consellería do Mar por presuntas infraccións á Lei de Pesca de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí