O pleno urxente dá luz verde á Escola Obradoiro cesureña

    PONTECESURES > A corporación municipal de Pontecesures aprobou esta mañá en pleno urxente a aprobación do expediente de modificación orzamentaria destinada á aportación municipal para o obradoiro de emprego.

    O motivo da urxencia era o de cumprir co requisito da aprobación da aportación que fará o concello tras acadar a subvención outorgada por Traballo. A escola obradoiro de Pontecesures sairá adiante non exenta de polémica. Esta mañá, no pleno extraordinario celebrado con urxencia houbo unanimidade na votación. Todos votaron a favor pero expresando as queixas pola falta de anticipación para convocar ó pleno do alcalde.

    O alcalde escusouse na súa falta de tempo e en que non ten dedicación exclusiva ós asuntos do concello e xustificou a urxencia do pleno argumentando que tras acadar a subvención da Consellería de Traballo era preciso aprobar canto antes a aportación que lle corresponde ó concello. 

    A pesar das críticas o expediente de modificación orzamentaria para a creación da escola obradoiro saíu adiante.

    Redacción Salnés