Novas protestas polas obras da futura Autovía do Salnés

    RIBADUMIA > Nesta quenda son os veciños de Couto de Arriba en Barrantes os que os que protestan polas consecuencias que están a ocasionar as obras…

    …As obras da futura Autovía do Salnés seguen provocando conflitos entre os veciños dos concellos por onde transcorre a vía rápida . O peche dos accesos e a mala canalización da auga son tan só algúns exemplos. Unha pequena representación dos moitos veciños que dende fai meses están a protestar polos problemas que están a provocar as obras da vía rápida do Salnés. Varios son os concellos afectados pola execución do proxecto.

    Nesta quenda son os afectados de Couto de Arriba en Barrantes que queren deixar claro que son moitos os veciños prexudicados, porque quen máis e quen menos todos teñen fincas. A época de cultivo está próxima e atópanse sen accesos ou con eles pechados, como ocorre coa pista de San Martiño

    Outras consecuencias como son a formación de socabóns, unha mala execución das canalización das augas, sobre todo a inexistencia de accesos ás fincas e un longo ect. Os veciños piden solucións e Política Territorial segue sen actuar, xa no mes de Outubro enviaran varios escritos á delegada de Pontevedra de Politica Territorial, Isabel Domínguez por outras deficiencias, e agora atópanse con outras novas

    couto2200_230408.jpgUnha fonte que quedou soterrada, o que antes era un río agora é un camiño de pedras, non hai canalizacións e a auga vai parar ás fincas podendo provocar futuras inundacións. Camiños imposibles de transitar como o que tentaba pasar esta señora sen chegar a conseguilo. Os veciños piden solucións

    Os afectados atópanse desprotexidos, xa que avanzan as obras pero os desperfetos continúan sen arranxar. A preocupación aumenta pola proximidade da época de cultivo na que se verán prexudicados se Política territorial non actúa

    Redacción Salnés