Almorzos de Samaín terroríficos e saudables no Obradoiro de Hostalería do Salnés

SANXENXO> Comezan as xornadas de almorzos saudables no Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade do Salnés e fano co Samaín como temática. Trátase dunha iniciativa que busca achegar á rapazada bos hábitos alimenticios ao tempo que o alumando deste obradoiro de emprego pon en práctica as súas habilidades. Este ano o mexillón galego ten un protagonismo destacado, grazas a un convenio coa Mancomunidade. Este mércores participou nos almorzos saudables alumando do colexio de Corvillón, en Cambados.

Aproveitando o Samaín, o Obradoiro de Hotalería da Mancomunidade do Salnés puxo en marcha unha nova edición dos seus almorzos saudables. Trátase dunha iniciativa que combina educación alimentaria, diversión e formación práctica en hostalería.

O Samaín inspirou as propostas saudables cun toque terrorífico, pensadas para achegar os hábitos alimenticios á rapazada dun xeito orixinal e creativo. Desta volta un dos ingredientes destacados foi o mexillón galego, grazas a un acordo de colaboración entre a Mancomunidade e Mexillón de Galicia, asinado tamén este mércores.

Na primeira das xornadas destes almorzos saudables visitou o obradoiro de hostalería o alumando do CEIP Corvillón de Cambados. Acompañándoos, o alcalde do municipio.

Este xoves será a quenda doutro colexió cambades, o CEIP Enrique Barreiro Piñeiro.