A CIG fai un chamamento aos sectores produtivos de Arousa a secundar a folga xeral

VILAGARCIA> A CIG quenta motores para a folga xeral do vindeiro 11 de novembro. A central nacionalista pon o foco na carestía da vida ao tempo que reivindica unha vivenda digna. Este xoves, dende Vilagarcía, fixeron un chamamento á mobilización convocando a todos os sectores produtivos de Arousa a secundar a folga.

A CIG leva tempo alertando da carestía da vida. Agora súmanse á xornada de folga xeral, prevista para o 11 de novembro, poñendo o foco na suba xeralizada dos prezos e das enormes dificultades da poboación para acceder a unha vivenda digna.

Este xoves, dende Vilagarcía, dende a central nacionalista puxeron o foco no incremento de prezos de alimentos, enerxía e combustibles. A nivel galego, apuntan que os incrementos salariais non chegan.

Sobre a vivenda…

Fan un chamamento á mobilización e aos sectores produtivos de Arousa a secundar a folga xeral.

En canto ás mobilizacións para a xornada de folga, a CIG convoca en Vilagarcía diante da Casa do Mar ás 12:00 horas. Á mesma hora, pero en Pontevedra, haberá tamén unha concentración na praza da Ferrería.