CC.OO. e UXT defenden dende Vilagarcía o dereito á folga

    VILAGARCÍA> Comisións Obreiras e UXT danse a man para defender o dereito á folga. Ambos sindicatos concentráronse esta mañá ás portas do concello, en Vilagarcía, para defender os dereitos e liberdades dos traballadores. A iniciativa convocouse tralo chamado da Confederación Sindical Internacional, polo que terá eco dentro e fóra de España.

     

    Os traballadores de Lantero protagonizaron a folga máis longa da historia de Galicia. A súa reivindicación rematou con éxito, por iso como homenaxe a eles, Comisións Obreiras e UXT escolleron Vilagarcía como unha das sés na provincia de Pontevedra para defender o dereito a folga.

    Os sindicatos apuntaron os recortes, a austeridade e a reforma laboral como algúns dos ataques que están a sufrir os dereitos dos traballadores. Agora, aseguran, o goberno quere restrinxir as ferramentas para loitar contra os abusos mediante a reforma do Código Penal e o proxecto da Lei de Seguridade Cidadá, coñecida como “Lei mordaza”.

    Comisións Obreiras e UXT apuntaron as altas cifras de paro que rexistra o país, e recordaron que na actualidade ter un traballo non é garantía de chegar a fin de mes.

    Dende a praza de Ravella, recordaron que en Galicia hai catro delegados con penas de prisión por defender o dereito ao traballo. 

    Con esta convocatoria, os sindicatos respondían ao chamado da Confederación Sindical Internacional.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/18/manifestacion_folga.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/18/manifestacion_folga.mp4{/flowplayer}