Vilagarcía presenta o seu primeiro Torneo Internacional de MiniBasket

minibasket_100_001.jpgVILAGARCÍA > Hoxe presentouse o primeiro Torneo Internacional de MiniBasket que se xogará na vila arousá …

…o vindeiro 23 de decembro. Nel van a participar oito equipos da comunidade e tamén do norte de Portugal. Con este torneo búscase potenciar o deporte entre os máis mozos, así como a integración entre os rapaces e as rapazas, xa que algúns equipos serán mixtos.

Vilagarcía está nun momento doce no que o baloncesto se refire, tal e como mostran o éxito que están a experimentar equipos coma o Extrugasa. Esta é a conclusión e o motivo que levaron ó concello a participar na posta en marcha do Torneo internacional de Minibasket que se celebrará o domingo na vila. Organizado de xeito conxunto entre a Fundación de Deportes, e o equipo de baloncesto vilagarcián BBC, tamén conta co apoio de Caixanova. A concelleira de deportes de Vilagarcía, Victoria Hierro, destacou hoxe que con este campionato pretenden encher o oco que nos deportes queda baleiro entre o Nadal e o Trofeo de Santa Rita.Victoria Hierro, tamén agradeceu o apoio que os organizadores do campionato están a dar ó deporte.

Pola súa banda, tanto o presidente do Basket Base Club, Cacián García, coma o representante de Caixanova, Javier Villaronga, sinalaron a importancia de investir na formación deportiva dos máis mozos, xa que son a base da que poden saír grandes xogadores e xogadoras.

Educar no deporte, e na integración cultural entre rapazas e rapaces de diferentes lugares da nosa comunidade e do país luso é o obxectivo do torneo. O domingo competirán no pavillón de Fontecarmoa 4 equipos do norte de Portugal, un de Pontevedra, outro de Lugo e dous da delegación Arousá. Os rapaces, de entre 10 e 11 anos, xogarán de xeito ininterrompido das dez da mañá ás sete do serán.

Redacción Salnés