![]()
VILAGARCÍA> O Extrugasa afronta este sábado o seu terceiro partido ligueiro. De momento unha victoria e unha derrota para as de Tito Díaz que buscarán ante o Pabellón Ourense un triunfo que as coloca na parte alta da xeral. Un rival ó que coñecen ben e ó que xa gañaron nesta pretemporada.
{flowplayer}images/salnes/baloncesto_151009.flv{/flowplayer}
Con moita máis tranquilidade afrontou o Extrugasa esta semana despois da victoria ante Pío XII. O equipo vaise acoplando pouco a pouco e as sensacións foron moito mellores que contra o Bembibre na primeira xornada. Defenderon mellor e atacaron mellor, ben dirixidas polas bases. Síntomas de que o equipo vai en liña ascendente.
O sábado, ás 20:00 terán enfronte a outro equipo galego. Viaxan a Ourense para enfrontarse ó Pabellón, un conxunto que perdeu os dous partidos que disputou ata o de agora. Pese a iso, é un rival complicado ó que lle gusta facer que os encontros se convirtan nun correrúas.
A boa nova para Tito Díaz é que poderá contar de novo con tódalas súas xogadoras para este choque. O plantel é curto pero de momento as lesións os están a respetar.
Sería importante para o Extrugasa gañar este partido, algo que lles permitiría afrontar con moita máis moral os encontros que se lle veñen enriba as vindeiras semanas, ante Badajoz e Arranz Jopisa Burgos, ata o de agora invictos e ambos candidatos ó ascenso.
Redacción Salnés






