O Xtosín Trail pechará o 21 de maio o Circuíto Trail Series Arousa Neo

PORTO DO SON> Portosín acollerá a última das probas do Trail Series Arousa Neo. Será o domingo 21 e ademais do trail longo haberá unha distancia curta e unha andaina. Polo momento xa hai máis de 200 inscritos.

O Xtosín Trail pechará o domingo 21 o Circuíto Trail Series Arousa Neo no que xa se disputaron dúas probas anteriores en Outes e Ribeira. Nada está decidido posto que ós dous participantes que lideran a clasificación sepáranos tan só 38 centésimas de segundo.

Esta proba contará con tres distancias: unha andaina de 15 quiómetros, unha distancia curta de 16 quilómetros e unha longa de 21.

Nesta edición decidiuse prescindir do maratón que si se celebrou en anos anteriores posto que implicaba unha gran dificultade a nivel organizativo.