SANXENXO> O Torneo Interncional Junior de Tenis de Sanxenxo var arrancar este mesmo domingo. A proba forma parte dun conxunto de torneos que se disputan ó longo e ancho de todo o mundo,a través da Federación Internacional de Tenis. A cita vai traer ata a localidade a máis de 500 deportistas, moitos deles auténticas promesas do tenis.
Sanxenxo vai acoller, a partir deste domingo, a décimo-sétima edición Torneo Interncional Junior de Tenis. Co Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo como anfitrión, ata a localidade achegaranse 515 deportistas procedentes de 60 países. A proba forma parte dun conxunto de torneos que se disputan ó longo e ancho de todo o mundo, impulsado pola Federación Internacional de Tenis.
Se o 14 e o 21 se vai disputa-lo torneo xuvenil, a partir da seguinte semana celebrarase o cadete. Esta dobre cita deportiva vai atraer ata a localidade a numero público, deixando o seu impacto no sector hoteleiro.
O Concello de Sanxenxo colabora no evento. O alcalde agradeceu aos organizadores o impacto positivo que ten na localidade unha cita deportiva destas magnitudes.
Na cita deportiva van participar algunhas das promesas do tenis. De feito, o obxectivo deste tipo de torneos é o de establecer un paso intermedio cara ó profesionalismo. Haberá categoría masculina e feminina nas modalidades de individual e dobres.
Por certo que a cita co tenis en Sanxenxo terá lugar xusto en canto remate outro torneo internacional de tenis, desta volta en Pontevedra, organizado polo Casino Mercantil da cidade.