A oposición de Cambados considera irresponsable pedir un novo crédito

    plenocambados100_070408.jpgCAMBADOS > A oposición considera unha irresponsabilidade que o Concello volva a solicitar un crédito, nesta ocasión de 2,2 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/plenoorzamentoscambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > A oposición de Cambados considera unha irresponsabilidade que o Concello volva a solicitar un crédito, nesta ocasión de 2,2 millóns de euros. Así o indicaron PSOE e BNG no último pleno no que se debateu o presuposto deste ano, que rolda os 12 millóns de euros.

    Ambos grupos criticaron ó goberno local por non cumprir o plan de saneamento económico e advertiron que o informe da interventora municipal desaconsella unha nova operación de préstamo. A oposición calcula que co isto, o endebedamento do concello pasa do 37 por cento ó 59 por cento.

    O goberno local fixo unha lectura diferente do informe de Intervención. O equipo de goberno destacou ademais o esforzo investidor que realizará o Concello este ano. Un 30 por cento, máis de catro millóns de euros, destinarase a obras nas parroquias e no casco urbano. Neste capítulo figuran a rehabilitación da casa consistorial, da fábrica de Peña e da Casa dos Fraga, melloras nos centros culturais, saneamento ou unha praza pública na Merced, entre outras actuacións. Ademais, indicou que incrementarán partidas destinadas a actividades culturais ou a gastos de axuda no fogar.

    Redacción Salnés