VILAGARCIA> Nova concentración dos traballadores de Alcampo en Vilagarcía por ter que traballar en festivos e domingos sen ningún tipo de incentivo. Este xoves vaise constituír a mesa negociadora do convenio de grandes almacéns. A CIG reclama que nesas xornadas centros como este permanezan pechados. Pero de estar abertos, din, que polo menos sexan voluntarios e se lles paguen a maiores.
Concentración dos traballadores de Alcampo Vilagarcía convocados pola CIG. Denuncian as súas condicións laborais, poñendo o foco na obriga de traballar en determinados domingos e festivos do ano.
Con ese principio participarán na mesa negociadora do convenio de grandes almacéns que se vai constituír este xoves. Engaden que xa que se lles permite abrir, polo menos que sexa algo voluntario e que supoña un ingreso adicional.
Nestes momentos, festivos e domingos trabállanse como un día normal, sen incentivos económicos. Apuntan tamén que é un problema para a conciliación das familias.O convenio de grandes almacéns é o único que contempla traballar domingos e festivos sen incentivos. Ademais de Alcampo, acóllense a el outras grandes áreas como Carrefour, Ikea ou Leroy Merlín, entre outros.











