O Salnés, un dos hospitais con menos espera

    SALNÉS> Trinta e nove días é o tempo que ten que esperar un paciente de media para ser operado no Hospital do Salnés. Son tres días máis que nos centros hospitalarios de Pontevedra, pero corenta menos que o que agardan os pacientes do resto das provincias galegas. No caso das patoloxías máis graves, a espera cirúrxica está por debaixo dos 10 días.

     

    Os pacientes do Hospital do Salnés teñen que esperar unha media de 39 días para ser operados. A espera redúcese por debaixo dos dez días no caso das patoloxías máis graves. A xerencia tamén valorou positivamente os datos de toda a área de xestión integrada Pontevedra-Salnés, que ten a demora máis baixa de todas as provincias galegas.

    Sobre as urxencias, o centro comarcal atendeu no 2015 máis de 36.300, e o 10% precisaron finalmente de ingreso hospitalario. A estadía media dos case 5.000 pacientes que ingresaron foi de 5 días, por debaixo da rexistrada nos centros pontevedreses de Montecelo e o Provincial e do resto do Sergas.

    Para o 2016, dende a xerencia da área de xestión integrada destacaron a importancia do remate da primeira fase de ampliación do Hospital do Salnés. 

    González asegurou que os traballos avanzan a bo ritmo, e que as tarefas xa se centran na escolla do novo equipamento.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/05/hospital_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/05/hospital_pontevedra.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí