Política Territorial licita o proxecto da autovía Curro – Baión

    baion_curro100_070408.jpgSALNÉS > A Consellería de Política Territorial destina un millón de euros á redacción do proxecto da autovía Curro – Baión, que acaba de sacar a concurso …

    … A nova estrada contará cunha calzada de 26 metros de ancho ó longo de 9 quilómetros e suporá un investimento duns 80 millóns de euros.

    Política Territorial anunciou no Diario das Comunidades Europeas a licitación da redacción do proxecto de trazado e construción da autovía Curro-Baión, entre Pontevedra e Vilagarcía. Estes traballos teñen un orzamento dun millón de euros e un prazo de execución de dez meses. A nova autovía terá unha lonxitude de preto de 9 quilómetros e a súa construción suporá un investimento duns 80 millóns de euros. Esta infraestrutura terá unha calzada de 26 metros de ancho constituída por catro carrís (dous en cada sentido).

    A licitación da redacción do proxecto desta autovía, que sairá publicada no DOG nos vindeiros días, engádese á licitación que xa ten convocada a consellería para elaborar o proxecto do enlace de Curro, que permitirá reordenar os tráficos da futura autovía Curro-Baión, da autovía do Salnés, da autoestrada AP-9 e da estrada Pontevedra-Curro.

    No outro extremo da nova autovía, á altura de Baión, conectarase coa Variante de Vilagarcía e coa nova estrada de acceso ao Porto desta vila. O trazado desta autovía orixinou centos de alegacións aínda sen contestar.

    Redacción Salnés