Perucho, homenaxeado en Ribadumia antes dos XX.OO.

perucho250_250608.jpgRIBADUMIA > A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña e o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, recibiron esta mañá na casa consistorial a Carlos Pérez Rial ‘Perucho‘. As autoriadades políticas quixeron darlle o seu apoio e os seus folgos de cara á participación do padexeiro do Náutico do Muíño nos Xogos Olímpicos.

Despois de acadar o subcampionato de Europa este ano en Milán, no K-2 500 metros, xunto co seu compañeiro Saúl Craviotto, Perucho amósase optimista de cara ós resultados que poida obter en Pekín. O de Aldán, dixo atoparse en perfectas condicións físicas para intentar acadar unha medalla nos Xogos.

O 7 de agosto viaxará cara a China e ata ese día concentrarase fundamentalemente no embalse de Santa Cruz de Trasona, en Avilés, onde levará a cabo os adestramentos. Tamén ten previsto desplazarse neste mes a Salamanca onde as condicións de calor e humidade seméllanse máis ás que se vai atopar en Pekín.

Perucho non será o único pontevedrés que representará á provincia de Pontevedra en Pekín, farano tamén outros sete deportistas ademais de dous paralímpicos. O acto de hoxe pechouse coa entrega por parte da alcaldesa dunha placa conmemorativa e dun escudo do concello en prata co que se pretendeu darlle rendida homenaxe ó gran padexeiro cangués, que dende hai un ano defende as cores do Club Náutico do Muíño.

Tanto Salomé Peña  como Rafael Louzán déronlle-los seus ánimos a Perucho e agradecéronlle a súa labor non oficial de embaixador de Ribadumia no mundo.

Redacción Salnés