A Fegapi suspende os autonómicos de pista por equipos

SALNÉS> Así o fixo saber esta mañá o presidente da federación Galega de Piragüismo, Alfredo bea. Problemas económicos da entidade fan tomar esta drástica medida.

O presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, fixo saber hoxe ós clubes da rexión que dada a delicada situación económica da entidade por el presidida, dediron suspender o Campionato Galego de Pista para barcos de equipo.

Con esta medida preténdese aumentar a viabilidade da propia Federación, e seguir coa folla de ruta trazada que os levou a reducir a débeda coa que tomaron o relevo da anterior directiva en máis de 300.000 euros neste ano de mandato. A pesares disto, di Bea no comunicado, este esforzo da Federación non está sendo suficiente para poder cumprir cos obxectivos marcados inicialmente, polo que é necesario suspender agora este campionato, que debía pechar as probas da Copa Galega de Pista.

Vense afectados por esta medida 30 clubes que xa realizaron a súa inscripción e 420 deportistas de categorías comprendidas entre cadetes e veteranos, ademais de árbitros e demais persoal da organización.

Redacción Salnés