O Otero Gamma acude esta fin de semana ós Nacionais de Ximnasia

A ILLA > Nada que perder e moito que gañar…e desfrutar. Cinco rapazas do Clube Otero Gamma viaxarán a Córdoba esta fin de semana acompañadas de pais e adestradores…

…para participar no Campionato de España de Ximnasia Rítmica. Longas tardes de esforzo preparando coreografías terán a súa recompensa estes días na cita nacional.

Ó frente de todo, Sandra Estrada, unha asturiana que chegou á Illa hai máis de oito anos e creou este clube que hoxe conta con máis de cen alumnas, entre elas dous rapaces.

Vaia como vaia, serán recibidas como unhas campionas, coma xa o fixeron amigos e veciños noutras ocasións. Pese que os recursos do clube son máis ben humildes, non deixa de sorprender a cantidade de boas ximnastas que saen da Illa, que sen dúbida representa unha das canteiras máis importantes a nivel autonómico.

A expedición viaxa mañá cara terras andaluzas onde o sábado terán os adestramentos oficiais de cara á competición do domingo pola mañá, na especialidade de aros.

Sorte polo tanto para Zaira, Rosa, Lisa e as dúas Andreas.

Redacción Salnés