![]()
NOIA> A confraría de Noia iniciou a sementeira e traslado de bivalvo dentro dos areais das súas concesións para garantir a productividade de tódolos bancos.
{flowplayer}barbanza/sementeira.flv{/flowplayer}
Os temporais e as fortes chuvias do mes de xaneiro deixaron pegada nos bancos naturais pertencentes ao confraría de Noia. Para evitar a alta mortandade de bivalvo e garantir unha boa produción en vindeira campañas extrativas, a dirección do pósito noiés iniciou a semente e traslado de bivalvo.
Bo marisco a prezos baixos
No tocante a actual campaña marisqueira, que se iniciou a principios do mes de febreiro, Santiago Cruz sinalou que, malia a excelente calidade do bivalvo, a ameixa fina non está acadando os prezos esperados.
A confraría de Noia leva máis de dez anos realizando labores de semente e traslado de bivalvo a bancos máis deficitarios para asegurar o desove do marisco en todas as zonas o que garantiza a productividade de todos os areais.
Redacción Barbanza











