Atopan sen vida ó pescador desaparecido onte á noite en Couso

    percebeiromorto.jpgRIBEIRA> Todo apunta a un golpe de mar como posible causa da morte.

    {flowplayer}barbanza/percebeiromorto.flv{/flowplayer}

    O corpo sen vida de Ángel Manuel Dios Cadaval, de 44 anos de idade e veciño de Aguiño, aparecía esta mañá, ó redor das dez na zona de Falcoeiro, entre As Cuncheiras e O Roncoso. Foi o helicóptero de Salvamento o que localizou o cadáver e alertaba á lancha da Cruz Vermella, que se encargou de trasladado ata os pantaláns existentes xunto á base de gardacostas situada no porto ribeirés.

    Dispositivo busca

    O dispositivo de busca iniciábase xa onte, a última hora da tarde, cando un familiar do falecido alertaba da súa desaparición, despois de que saíse a pescar na zona de Couso. Todo apunta a un golpe de mar como posible causa da súa morte.

    Redacción Barbanza