Trinta empresas optan a construír as sendas peonís da travesía de Boiro

    BOIRO> A Xunta de Galicia investirá cento sesenta mil euros na construción de sendas peonís entre Boiro e Cespón, Así o anunciou a Conselleira de Infraestruturas na visita á zona desenvolvida esta mañá. O proxecto, en fase de contratación, podería dar comezo no mes de abril. A mellora da seguridade viaria entre a parroquia de Cespón e Boiro está máis preto de materializarse grazas ó investimento da Xunta para a construción de sendas peonís entre Vilariño e Boiro de Arriba. Esta actuación, presupostada en cento sesenta e un mil euros, podería estar executada para este mesmo verán. Ethel Vázquez anunciou tamén durante a súa visita a bonificación do trinta por cento no chan industrial de Espiñeira que facilita a implantación de novas empresas na primeira e segunda fase do parque empresarial. A estes investimentos hai que sumar outras actuacións previstas polo Consellería como a mellora do firme da estrada comarcal AC-305 que suporía unha achega de máis de medio millón de euros.