O IGAEM promove 6 meses de actividades culturais en Pontevedra

    PONTEVEDRA > Teatro, maxia, danza, música e monicreques. Eso é o que ofrece a Consellería de Cultura e Deporte ata final de ano, co programa da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

    A Rede Galega de Teatros e Auditorios, da que forman parte unha vintena de espazos escénicos de 14 concellos pontevedreses, vén de inaugurar os programas Rededanza, Redesons Jazz e Redesons Clásica, como paso previo á posta en marcha dun novo modelo organizativo baseado no desenvolvemento de programacións específicas de teatro, música, danza, maxia e monicreques. Unha nova fórmula de facer cultura por parte da Xunta de Galicia.

    Da Rede de Teatro e Auditorios forman parte 45 concellos da provincia, entre eles Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo e Vilanova de Arousa. A programación inclúe actividades das 5 disciplinas postas en marcha.

    A Rede Galega de Teatros e Auditorios conta cun orzamento para o segundo semestre de 872.000 euros: 110 funcións repartidas por toda a provincia. A Xunta de Galicia, a través do IGAEM, fai unha clara aposta pola cultura galega. TOTAL

    O Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados acollerá o 5 de outubro a actuación de Teatro do Morcego, coa ‘Farsa de Bululú, homenaxe a Manuel María’. Será a primeira das citas da comarca da nova programación, que xa trouxo á zona diversas actividades ó longo de todo o verán.

    Redacción Salnés