15 ribeirenses representarán un musical en beneficio da Asociación contra o Cancro

RIBEIRA> A música e o teatro encherán o auditorio ribeirense o próximo 2 de xullo co musical ‘A Casa das Cancións’ organizado polo colectivo ‘Mimarte’. Nel tomarán parte unha quincena de veciños afeccionados ás artes escénicas que participan nas clases de interpretación e canto impartidas por Tania Fuegho. O carácter deste evento é benéfico e os fondos recadados destinaranse á Asociación Española contra o cancro.

Un dos pratos fortes da vindeira fin de semana en Ribeira será o Musical ‘A Casa das Cancións’ previsto para o sábado día 2. No espectáculo que terá lugar no auditorio participarán 15 veciños do municipio que participan nas clases impartidas polo colectivo Mimarte baixa a batuta da polifacética Tania Fuegho.

Non se trata de profesionais senón que tódolos actores que conforman o elenco son veciños afeccionados que participan nas clases semanais que imparte o colectivo Mimarte en Ribeira.

Aínda que a entrada será de balde, tódolos fondos recadados mediante a venda de rifas destinaranse á xunta local da AECC de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí