O Conservatorio organiza un curso sobre a Eutonía

curso_educacion_musical_cambados_100_200409.jpgCAMBADOS> Trátase dunha disciplina que ensina a adaptar o ton muscular de cada persoa á súa actividade diaria para evitar dores e malas posturas.

{flowplayer}images/salnes/200409_curso_educacion_musical_cambados.flv{/flowplayer}

Aprender a tocar un instrumento musical require de moitas horas de práctica. Se o músico non adopta unha postura correcta, co tempo acabará tensando os músculos, o que pode derivar na aparición de dor física. Para aprender a regular o ton muscular e adaptar os movementos á súa actividade, o Conservatorio de Cambados impartirá un curso baseado na Eutonía.

A pedagoga arxentina Violeta Hemsy será a encargada de impartir este curso, que comezará o vindeiro venres no auditorio da Xuventude. Entre os temas que se van a tratar salienta a explicación da Eutonía, técnicas musculares para a execución instrumental ou as ferramentas necesarias para executar unha boa improvisación musical. Segundo o tenente alcalde de Cambados, a convocatoria deste curso supón un paso máis na aposta deste concello por ofrecer unha formación musical de calidade. Luís Aragunde engadiu que a asistencia ó obradoiro se terá en conta a nivel curricular.

En total son 25 as prazas dispoñibles e o custo da matrícula é de cen euros. O curso está aberto a todo o público e desde a organización prevén incluso que se acheguen alumnos doutras cidades nas que xa se impartiron estas clases, como A Coruña ou Pontevedra.

Redacción Salnés