A Estación Fitopatolóxica do Areeiro e o Pazo de Fefiñáns incorpóranse á Ruta da Camelia de Galicia

CAMBADOS> A Estación Fitopatolóxica do Areeiro entra a formar parte da Ruta da Camelia. Decidiuno hoxe o comité da Camelia de Galicia nunha xuntanza celebrada no Pazo de Fefiñáns. Precisamente, tamén acordaron incorporar este espazo á ruta, na categoría de recurso turístico. Con el, entran tamén o Pazo de Casalnovo, en Pontevedra; ou a Fundación Camilo José Cela de Padrón.

A Ruta da Camelia de Galicia segue medrando. Esta mañá, o Comité da Camelia reuniuse en Cambados, no pazo de Fefiñáns, para estudar a incorporación de novos espazos a esta itinerario turístico da Xunta. O órgano aprobou a incorporación do pazo de Faramello, no concello coruñés de Rois, e a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, en Pontevedra. Un organismo creada no ano 1981 e referente no estudo da camelia.

Na xuntaza desta mañá tamén se aprobou a incorporación doutros catro espazos máis, neste caso na categoría de recursos turístico asociado. Son o propio pazo de Fefiñáns e tamén o pazo de Casalnovo en Pontevedra, a Fundación Camilo José Cela, en Padrón, e o Hotel A Quinta da Auga de Compostela. Para Turismo de Galicia os elementos que forman parte desta Ruta da Camelia serven para desentacionalizar o sector.

Merelles apunta tamén ao perfil do visitante que se sente atraído por este itinerario.

Deste xeito, a ruta da camelia pasa a contar cunha vintena de puntos de referencia internacional no cultivo e produción desta planta, chegando na actualidade a atesourar case 2.500 cultivares diferentes de camelia.