Ninguén demanda o servicio de catering para nenos necesitados

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/14/comedores.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/14/psoe_comedores_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

VILAGARCIA> Non houbo demandantes do servicio de catering a domicilio para alimentación dos escolares este verán en Vilagarcía. Unha mostra para o goberno local de que non había tal necesidade como denunciaba a oposición. Unha oposición para a que esta falla de demandantes é unha mostra de que as cousas se fixeron cun método errado e sen a publicidade pertinentes. Trala intensa polémica xerada pola falla dos comedores escolares en verán que deixaba sen alomenos unha comida equilibrada ó día para nenos e nenas de familias necesitadas en Vilagarcía; agora a realidade dálle outra volta de torca. Non hai ningún solicitante do servicio de catering a domicilio que dispuxo o goberno municipal da Capital Arousá. Nun comunicado, o Goberno Local apunta que esta falla de concorrentes indica que non existía unha necesidade tan apremiante como denunciaba a oposición. Unhas declaracións que espertaron as iras dos socialistas vilagarciáns. Para o PSOE de Vilagarcía ó erro desta medida está no seu propio prantexamento de suprimir o comedor escolar habitual por un servicio de catering a domicilio para aqueles nenos sen recursos; unha furgoneta de reparto que estigmatiza ós que reciben a súa visita. Amais, entenden que a falla de publicidade axeitada tampouco axudou á súa divulgación. Os socialistas vilarciáns seguen apostando polo mantemento dos comedores escolares con ludoteca e actividades complementarias; non só para ós necesitados senón tamén para axudar a conciliar a vida familiar e laboral de moitos pais e nais no estío. Pola súa parte na rúa opinaron do seguinte xeito.