O executivo ribeirense avanza na tramitación do novo polígono industrial

RIBEIRA> A súa intención pasa por levar a un pleno extraordinario a vindeira semana a súa aprobación inicial.

Con máis retraso do agardado, o executivo ribeirense continúa a dar pasos de cara a construción do novo parque empresarial do municipio, e así dar resposta a alta demanda de chan industrial existente. O proceso levaba tempo paralizado debido á necesidade dun cambio de usos no terreo onde prevía ubicarse, na zona de Pedras Vermellas, ó resultar afectado por un incendio forestal no ano 2008. A lexislación autonómica establecía a imposibilidade de cambialo, durante un período de 30 anos, de aí que fora necesario, por parte do Concello, a presentación dunha proposta de modificación da normativa.

A intención do equipo de goberno pasaría por levar a aprobación inicial do novo polígono industrial a un pleno extraordinario a celebrar previsiblemente a vindeira semana. Daríase así un paso importante na consecución do tan ansiado parque empresarial, que debería saldar posteriormente outros trámites tamén importantes, entre eles a exposición pública do proxecto.