O BNG velará polo cumprimento dos compromisos co Barbanza

    anaponton_100_270409.jpgBARBANZA> Ana Pontón seguirá a ser a responsable dos asuntos do Barbanza dentro do grupo parlamentario do BNG ó longo desta lexislatura.

    {flowplayer}barbanza/anaponton.flv{/flowplayer}

    Os representantes das agrupacións nacionalistas dos concellos do Barbanza e o secretario comarcal, Manel Casal, presentaron a Ana Pontón como a responsable das iniciativas relacionadas co Barbanza que se desenvolvan no Parlamento ó longo desta lexislatura.

    Medidas contra a crise

    A deputada do BNG expresou a súa vontade de defender unha oposición seria e rigorosa que xirará en torno a un piar básico: a adopción de medidas para saír da crise económica. Para elo, defenderán iniciativas que contribúan á reactivación do sector pesqueiro, con tanto peso na bisbarra e en toda Galicia.

    Do mesmo xeito, defenderán que se garantan os dereitos dos traballadores e desempregados coa mellora das prestacións sociais.

    Infraestruturas e servizos

    Dende o BNG pretenden adoptar unha postura vixiante para que se materialicen os compromisos adquiridos co Barbanza durante a pasada lexislatura. Entre eles, a construción do polígono comarcal entre A Pobra e Ribeira, a mellora dalgúns centros e equipamentos educativos, a construción dos locais de ensaio da Pobra ou a mellora dos servizos sociais, esixindo ademais que se clarifique o futuro das galescolas.

    Lei de Vivenda

    Os nacionalistas tamén instarán ó goberno autonómico a defender a recentemente aprobada Lei de Vivenda que incluía unha disposición adicional para reducir a afectación de Costas sobre os núcleos tradicionais e que foi recorrida polo goberno central.

    Redacción Barbanza