Haberá mobilizacións de non ser suficientes os cambios no plan da PO-531

    afectados_po_531_100.jpgPONTEVEDRA > Os veciños afectados polo desdobramento da estrada a Vilagarcía, a PO-531 ó seu paso por Curro, tiveron onte a súa primeira xuntanza

    … logo de que retomasen as conversacións, suspendidas dende hai uns 15 días, coa delegada da Consellería de Política Territorial en Pontevedra. María Isabel Domínguez púxose en contacto coa plataforma veciñal onte pola tarde para informarlles da reunión que tivo, esta mañá, coa Conselleira, María Xosé Caride. Un encontro no que lles asegurou lle ía trasladar á titular do departamento autonómico variacións sobre o proxecto deseñado inicialmente pola Consellería, e o cal se opoñen os veciños.

    Entre as principais esixencias que piden os veciños están que o novo proxecto conte cunha humanización da zona, coas correspondes beirrarúas, iluminación e mobiliario urbano, a creación de acesos ós negocios e vivendas situados ó longo da estrada, así coma que se minimicen o máis posible as expropiacións ás vivendas, terreos e establecementos afectados.

    A plataforma de afectados espera recibir unha resposta por parte da delegación de Política Territorial antes deste venres. De seren insuficientes as modificacións introducidas sobre o proxecto iniciarán unha rolda de protestas que comezarán este mesmo venres, co corte da rotonda de San Caetano. A el seguiranlle outros cortes que se realizarán en puntos distintos, dous por semana. Tamén contemplan encerros nos concellos de Pontevedra e Barro, e solicitar unha entrevista coa propia Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride.

    Redacción Salnés