RIBEIRA> Ferida grave unha muller en Ribeira despois de caer dende a fiestra da súa vivenda, dunha altura duns dez metros.
O suceso producíase a última hora da tarde de onte na avenida da Coruña.
Ó parecer a vítima atopábase limpando os cristais dunha das fiestras do seu piso, no segundo andar.
Por razóns que se descoñecen, precipitouse ó chan.
Tiña feridas en varias partes do seu corpo e tamén na cabeza, aínda que se atopaba consciente.
Foi trasladada nunha ambulancia do 061 ó hospital da Barbanza, onde continúa ingresada con prognóstico reservado.










