CAMBADOS> O académico e escritor cambadés recibirá o galardón o 16 de maio no Auditorio da Xuventude.
{flowplayer}images/salnes/280409_unha_grande_chea.flv{/flowplayer}
A Agrupación de Libreiros de Pontevedra decidiu outorgar este ano o Ramón Cabanillas a un cambadés nacido en Fefiñáns no ano 1952. Trátase de Francisco Fernández Rei, doutor en Filoloxía Románica e mestre da Universidade de Santiago entre outros moitos méritos.
A Agrupación de Libreiros de Pontevedra foi a encargada de organizar esta sexta edición do Premio Ramón Cabanillas, en colaboración coa Asociación Cultural Unha Grande Chea e a produtora audiovisual Chourizo Films. Fernández Rei recibirá o agasallo o vindeiro 16 de maio no Auditorio Municipal. No acto de entrega haberá unha serie de intervencións literarias a cargo do poeta cambadés Xosé María Ribadomar e Xoán Piñeiro, amigo da infancia do galardoado. O programa completarase cunha proxección de vídeo realizada por Chourizo Films na que se versiona unha composición de Ramón Cabanillas.
A música pechará esta sexta edición do Ramón Cabanillas, cunha actuación patrocinada pola Asociación Cultural Unha Grande Chea.
E como broche á xornada, os participantes neste acto e todos aqueles veciños de Cambados que se queiran sumar, ofrecerán unha cea homenaxe a Francisco Fernández Rei.
Redacción Salnés