A Deputación creará máis de 300 postos de traballo de atención social

    pacto_local_emprego100.jpgPONTEVEDRA> A Deputación posibilitará a integración laboral de máis de 300 persoas en traballos de atención social.

    {flowplayer}images/salnes/PACTO_LOCAL_EMPREGO.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra fará un estudo dos recursos que hai na provincia no eido da atención ás persoas. Será o paso previo antes de por en marcha un Pacto Local de Emprego Provincial centralizado neste sector.

    O presidente Rafael Louzán e maila vicepresidenta Teresa Pedrosa participaron esta mañá nunha xuntanza de traballo cos técnicos representantes das entidades colaboradoras. Este Pacto de Emprego forma parte do programa Aquelando, que xa vai pola segunda edición.

    A Deputación ve nos servizos de atención social un importante nicho de mercado e por iso promove cursos de formación ó tempo que impulsa a creación de postos de traballo neste eido. Louzán entende que este programa chega nun momento axeitado, posto que permitirá crear emprego en tempos de crise. Rafael Louzán cre que a Deputación vai no camiño correcto para poder introducir no mercado laboral a persoas en situación moi precaria.

    Neste senso lembrou que a finais de maio case 200 persoas estarán traballando nos concellos e máis de 50 no acondicionamento de espazos naturais e praias. O fomento do emprego tamén se prevé nos orzamentos da Deputación, que irán a pleno o xoves. Segundo indicou Louzán, este presuposto vai dirixido ós concellos da provincia.

    Redacción Salnés