Vixilantes do Avelino Montero denuncian impagos e vulneracións do convenio

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/18/menores_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/18/menores_pontevedra.mp4{/flowplayer}

     

    PONTEVEDRA> Traballadores de seguridade do Centro de Menores Avelino Montero veñen de denunciar impagos das súas nóminas. Cinco membros da plantilla, apoiados por UXT, aseguran que a empresa encargada do servizo de seguridade adebédalles o salario dun mes. Un impago que atribúen a un castigo por reivindicar os seus dereitos laborais.

    A empresa de seguridade que se encarga deste servizo no Centro de Menores Avelino Montero adebeda unha nómina a cinco traballadores. Segundo o delegado de persoal, a medida é un castigo por reivindicar os seus dereitos laborais.

    Segundo Piñeiro, os 20 traballadores que completan a plantilla tamén están a cobrar con atrasos. Insistiu en que a empresa adxudicataria comete numerosas irregularidades, como non recoñecer aos representantes dos traballadores ou non entregar os cuadrantes anuais do servizo. Incumprimentos que o xoves 21 trasladarán á xefa territorial de Traballo da Xunta.

    Tanto o delegado de persoal como o sindicato advirten de que esta situación pode afectar ao funcionamento do centro, que conta con 22 mozos internos e 25 nas fins de semana.

    No encontro coa xefa territorial, o sindicato pedirá que se suspenda a adxudicación, que ten vixencia ata finais deste ano coa posibilidade de prórroga por dous anos máis.