O Céltiga pecha a temporada cun empate ante o Coruxo

celtiga250_180509.jpgILLA> No Salvador Otero non había moito en xogo entre Céltiga e Coruxo. Os da Illa asinaron táboas (1-1) cos vigueses nun partido no que as mellores ocasións de gol foron para os locais. O Vilalonga caeu amplamente derrotado en Ordes (3-0).

{flowplayer}images/salnes/celtiga_180509.flv{/flowplayer} 

O Céltiga non puido despedir a liga cunha victoria diante dos seus incodicionais, pero sí o fixo cun meritorio empate ante o Coruxo. Josiño Abalde plantexou o encontro coma sempre: orde defensiva, loita en meediocampo e saídas rápidas á contra aproveitando a velocidade de Manuel.

Cando Diego Peláez e Taja entraron en xogo atopáronse moito máis cómodos ante un rival ó que lle custaba facer circular o balón.

O primeiro tanto chegaría pasada a media hora. Pelaez servíu con precisión un balón sobre Manuel. O artilleiro do Céltiga condensaría nunha xogada moitas das virtudes que debe ter un dianteiro que se precie: velocidade, control, loita e remate. Así puxo ó seu equipo en vantaxe. Pouco máis veríase na primeira metade.

Tralo paso polos vestiarios a consigna nos locais era de repliegue e contraataque. Sen embargo atopáronse co gol do empate nada máis saír da caseta. Nunha xogada con certas doses de infortunio, Nacho Franco igualaba o encontro.

A partir de ahí o partido entrou nunha fase de loita, no que os dous equipos trataron de aproveitar os erros do rival. O Céltiga tivo varias ocasións para facer o 2-1, nun man a man de Manuel que desbaratou Jorge Pérez e nunha falta que botou Adrián Camiño e que tamén chapou o gardamallas vigués. O Coruxo tentouno sobre todo a través de disparos lonxanos nos que César estivo acertado.

Fin de liga para un Céltiga o que se lle fixo longa a temporada. Os de Josiño Abalde tan só foron quen de vencer un partido dos últimos quince que disputaron e así é moi complicado aspirar a máis do que fixeron, que foi salvar a categoría xustiños. Agardábase máis deles sobre todo despois dunha primeira volta ilusionante para a bancada do Salvador Otero.

O VILALONGA GOLEADO EN VISTA ALEGRE

O Ordes venceu 3-0 a un Vilalonga que rematará quinto pola cola aínda que sen posibilidades de descenso, pase o que pase co Celta e o seu filial. Os locais, que se xogaban a permanencia, atopáronse cun gol ós 4′ de Álex Castro e cunha rigurosa expulsión a Adrián que deixaba ó Vilalonga con dez ós 25′. Con todo a favor para os de Nacho, Dani Bea, e Ramón xa no segundo tempo, redonderían o marcador final.

Ademais, en Preferente Autonómica, no seu grupo Sur déronse estes resultados: Ribadumia 1 – 1; Cultural Areas 2-0  Sanxenxo; Unión Grove 2 – 2 Salvaterra.

Redacción Salnés