BARRO> Os traballadores do metal da provincia de Pontevedra participan hoxe nunha peculiar peregrinación a Santiago.
{flowplayer}images/salnes/MANIFA_METAL.flv{/flowplayer}
BARRO> Os traballadores do metal da provincia de Pontevedra participan hoxe nunha peculiar peregrinación a Santiago de Compostela.
Dous mil folguistas, segundo a CIG, mil segundo a Garda Civil de Tráfico, percorren a estrada N-550, que une Pontevedra e Santiago, pero non para pedirlle ó Apóstol, senón á Xunta. Os traballadores reclaman á administración autonómica máis implicación na negociación para pórlle fin á folga e conseguir o novo convenio colectivo do sector.
De Vigo partiron a primeira hora desta mañá 40 autobuses con traballadores que se xuntaron en Pontevedra cos desta cidade e arredores para iniciar a marcha a pé a Compostela. Durante a súa travesía están a provocar retencións na N-550 e así será durante a xornada e media que durará esta peregrinación. Ó mediodía pararon en Caldas para comer e logo continuaron a Padrón onte tiñan previsto durmir en varios pavillóns de Padrón. Prevén chegar a Santiago mañá ás dúas da tarde e teñen intención de dirixirse a San Caetano vestidos cos monos azuis de traballo.
A acción foi convocada en solitario pola CIG e está apoiada por CC.OO. A pesar da peregrinación, en Vigo continúa a acción dos piquetes. En Arousa, os traballadores decidiron en asemblea o pasado venres non seguir coa folga, algo que o sindicato CIG non acepta. De momento, as empresas do sector no Salnés traballaron hoxe con normalidade, pero mañá xa recibirán a visita dos piquetes.
Os traballadores do metal levan xa 19 días en folga e a pesar de levar máis de tres meses de negociación entre patronal e sindicatos, de momento, non teñen perspectiva de acordo.
Redacción Salnés