Velo pide a desafectación da Casa do Mar de Cabo de Cruz

    cesioncasamarvelo.jpgBOIRO> O voceiro de Iniciativa Cidadá sinala que entre outros usos o edificio podería ser empregado como local social da parroquia.

    {flowplayer}barbanza/cesioncasadomarvelo.flv{/flowplayer}

    Para defender a súa solicitude de desafectación da Casa do Mar de Cabo de Cruz, Velo fai referencia ó acordo tomado en pleno o seis de novembro do ano 1986 pola daquela corporación municipal, que el mesmo presidía. Segundo el un dos condicionantes que figuran no acordo de cesión ó Instituto Social da Mariña sinalaba que o edificio unha vez que deixara de cumprir a súa función pasaría ó patrimonio municipal.

    Uso parroquial

    O inmoble podería ser empregado segundo el para uso e disfrute dos veciños desta parroquia, xa que na actualidade carecen de local social.

    Redacción Barbanza