Veciños de Corrubedo denuncian a permisividade do concello coas construcións en solo protexido

    denunciaurbanisticacampoagra_100_140909.jpgRIBEIRA> A asociación de veciños Campo da Agra de Corrubedo denuncia que o concello concedeu dúas licencias de obra en zonas de especial protección.

    {flowplayer}barbanza/denunciaurbanisticacampoagra.flv{/flowplayer}

    Dende hai semanas ningún obreiro traballa xa na vivenda unifamiliar situada no lugar de Campo da Agra a carón do parque natual de Corrubedo. Sobre esta edificación, a medio construír, existe unha orde de demolición da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Consellería de Política Territorial de setembro de 2008 por non contar coa autorización urbanística autonómica e porque unha parte do inmoble en solo rústico.

    A asociación de veciños Campo da Agra levan tres anos denunciando que o concello de Ribeira, ademáis desta licencia, concedeu outra máis das mesmas características para construir dezasete vivendas, persistindo, sinalan dende a asociación, nun grave delito urbanístico.

    Sen resposta

    Non obstante, o que máis indigna a estes veciños é a negativa sistemática do concello de Ribeira ao acceso aos expedientes de concesión destas licencias e a darlle unha explicación do porque desta actuación urbanística que cualifican como neglixente e descarada.

    A agrupación municipal do BNG de Ribeira quixo mostrar o seu apoio as reivindicacións veciñais. Os nacionalistas presentaron unha iniciativa para que os técnicos do concello replanten “in situ” a alineación do deslinde entre solo urbanizable e rústico.

    Redacción Barbanza