O Vilalonga non se conformou co empate e iso condenoulle

futbol250_140909.jpgSALNÉS> Non foi unha boa xornada para os equipos do Salnés na Terceira División. Tanto Cétiga como Vilalonga perderon os seus partidos como locais, eso sí, ante dous rivais complicados. A mágoa, é que ambos se viron superados no tempo de prolongación. Na Preferente Sur gañaron Arousa e Portonovo.

{flowplayer}images/salnes/futbol_140909.flv{/flowplayer} 

Non puido o Vilalonga ante o Depor B e de novo foi por falta de puntería. Tras unha primeira metade igualada no xogo pero desnivelada por un gol visitante acadado por Luis Ángel á media hora, na segunda parte o encontro converteuse nun monólogo dos locais. 

No 56′ chegaba o tanto do empate que cambiou o partido. O centro de Manu Rodríguez rematouno Tachi coa axuda do central Karl.

O Vilalonga foise arriba en busca do segundo e puido atopalo en moitas ocasións. Primeiro se o colexiado tivera visto un penalti cometido sobre Melchor; o atacante celeste tivo que retirarse lesionado. Pouco despois era Manu Rodríguez quen o intentaba dende a frontal do area. No corner posterior Tachi obrigaba a Valín a intervir de novo.

Pouco despois, o graderío volvería a reclamar penalti desta volta sobre Miguel. Nesta ocasión, semella que o colexiado acertou; o defensor gañoulle a posición.

Encendidos polo público continuaron a chegar as ocasións. Diego Villaverde disparou alto e Miguel, fíxoo moi frouxo. E a trece para o final, batacazo e gol visitante. Miguel non pode frear a carreira de Hugo que se planta ante Pazos para poñer o 1-2 no electrónico. Lonxe de renderse o Vilalonga foise a polo empate que acadaría tan só cinco minutos despois. Saúl gaña a liña de fondo e pon o centro raso no sitio preciso para a chegada dende atrás de Jesús. 2-2 e sete minutos por diante.

Se o futbol fose boxeo o Vilalonga tería gañado ós puntos pero como este deporte non entende de xustiza o Depor B, levouse a victoria no minuto 90. Vela foi o encargado de poñer o 2-3 no marcador.

O Vilalonga aínda tería a posibilidade de empatar por terceira vez con esta ocasión de Macho pero non o acadaría. Agora os de Gabi Leis quedan na parte baixa da táboa, con un pùnto sumado de nove posibles, pero afrontando o futuro con certa tranquilidade, sabedores de que seguindo esta liña, os resultados teñen que chegar.

RESTO DA XORNADA

Mesmo resultado e practicamente mesmo guión deuse no Salvador Otero onde o Céltiga viuse superado polo Cerceda no minuto 96. Partido aberto, disputado e vistoso no que os visitante adiantáronse por dúas veces no marcador e o Céltiga puido empatar con goles primeiro de Victor e despois de Manuel, pero nada puideron facer ante o terceiro de David Rey, cando se cumpría o minuto 51 da segunda parte.

Ademais, na Preferente Sur o Arousa volve ós postos de ascenso tras gañar pola mínima ó Gran Peña na Lomba, 1-0, nun partido serio dos de Ricardo. Tamén gañou o Portonovo por 2-0 ó Choco no debut de Óscar Guimeráns, que pechou unha gran actuación aínda que non marcou, fixérono Diego Cebreiro e Turu. O Cambados pola súa parte sumou un valioso e traballado punto ante o Estradense(1-1), mentres que o Ribadumia estrenou o seu casilleiro empatando a domicilio e sen goles ante o Pontellas. O único que perdeu foi o Sanxenxo que pese a ser superiores durante boa parte do encontro non puido co líder Arenteiro co que caeu por 1-2.

Redacción Salnés