O Concello de Catoira e Gonzalo Navaza recollen o premio Lois Peña Novo

    entregapremiocatoira_100_290607__still_003.jpgPONTEVEDRA > No acto, celebrado no Castelo de Soutomaior, tamén se premiou a Consultora Galega e ó psiquiatra Antón Seoane.

    O magnífico entorno do Castelo de Soutomaior acolleu un ano máis a entrega dos premios que otorga a Fundación Lois Peña Novo a aquelas persoas e entidades que traballan na defensa da lingua e cultura galegas. Nesta décimo terceira edición resultaron galardoados o psiquiatra e integrante do grupo Milladoiro, Antón Seoane, a empresa Consultora Galega e o Concello de Catoira. Neste caso Demetrio Fernández, membro do xurado e presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, destacou o esforzo da entidade local por recuperar unha parte do noso patrimonio cultural inmaterial.

    entregapremiocatoira__300_290607__still_001.jpgO premio foi compartido entre o Concello de Catoira e o autor do libro ‘Toponimia de Catoira’. Gonzalo Navaza recibiu o galardón de mans do subdelegado do goberno, Delfin Fernández, mentres que o fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, foi o encargado de darllo ó alcalde. O conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, presidiu a entrega e comprometeuse a seguir colaborando para recuperar toda a toponimia galega. Durante o acto tamén se homenaxeou a tres ilustres xuristas galegos: Claudio Movilla, Orencio Pérez e Manuel Casado por ser pioneiros no uso do galego no mundo xudicial.

    Redacción Salnés