Rianxo renovará o 60% das súas luminarias exteriores e cadros de mando

RIANXO> O Concello acollerase a unha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, IDAE, próxima ó millón de euros. O plan de actuación previsto polo Concello prevé a substitución duns 2.700 puntos de luz dos preto de 4.300 existentes en todo o termo municipal, o que representa o 60% das luminarias do Concello, e sobre sesenta dos noventa e un cadros de luz. A medida permitirá un aforro económico do 59,83% da actual factura, ou o que é o mesmo uns 75 mil euros ano, véndose tamén reducida a contaminación lumínica. O proxecto proposto polo executivo rianxeiro e que foi aprobado por unanimidade no último pleno achégase ó millón de euros, case a contía máxima a solicitar. Trátase dunha convocatoria de axudas a proxectos singulares de entidades locais de menos de vinte mil habitantes  que favorezan o paso a una economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostíbel 2014-2020.