L. Oujo: ‘Enderezamos o rumbo dun concello á deriva económicamente’

    PORTO DO SON> No acto de presentación dos populares sonenses tomaron parte tamén destacados membros do partido como é o caso dos secretarios provincial e autonómico do PPdeG, Diego Calvo e Alfonso Rueda, respectivamente. Un bo número de persoas asistiron este pasado sábado na casa de cultura de Porto do Son á presentación da candidatura do Partido Popular. No acto os populares sonenses contaron coa participación de destacadas figuras do partido a nivel provincial e autonómico, como é o caso de Diego Calvo e Alfonso Rueda. Os dous na súa intervención destacaron a valía do candidato, Luís Oujo, que nestes catro anos á fronte da alcaldía demostrou a súa capacidade de xestión, razón máis que suficiente para xustificar os grandes cambios experimentados no concello. Pola súa banda o candidato, Luis Oujo, fixo referencia a que o PP sonense preséntase a estas eleccións municipais co aval de ter enderezado o rumbo dun concello que ia cara a deriva economica, destacando o traballo e a dedicación do goberno nestes catro anos para atender da mellor maneira posible ás demandas dos veciños, a pesar do labor destrutivo da oposición. A actual edil de Facenda, María Maneiro, irá de número dous da lista, á que se incorpora de número 3 Manuel Dean, actual edil de Deportes e Turismo, aínda que nas pasadas eleccións municipais concorreu Baixo outras siglas, neste caso Alternativa Veciñal Sonense. Os dous serán os nomes fortes da candidatura. De número catro e cinco irán as caras novas, Juan Jesús Pérez Santos e Magdalena Pérez Millares. Antonio Romero, actual edil de Medio Ambiente irá no posto seis e Joaquín García de sete. O número oito é para Ana Maneiro, actual responsable da área de Obras e Servizos, que abandona os postos de saída, mentres que Vanessa Figueiras e Benita Pilar completan, por esta orde, os dez primeiros postos da lista.